O Concello de Mondoñedo pon en marcha o concurso de adornos de Nadal ‘Engalanemos as rúas da Paula’ Mondoñedo, 18 de novembro de 2017.- O Concello de Mondoñedo invita a todos os veciños a adornar o exterior das súas vivendas ou zonas públicas durante o Nadal. Con esta finalidade, vén de anunciar que dende o Goberno local se porá en marcha o concurso de adornos de Nadal ‘Engalanemos as rúas da Paula’. O edil de Educación, Alberto García, explica que a través desta iniciativa o Goberno local promove a participación activa dos veciños para “entre todos acadar no noso casco histórico e en todo o municipio un conxunto propio das datas do Nadal”. Así, o concelleiro invita aos mindonienses a que “se sumen a esta proposta decorando a súas fachadas, portais, balcóns ou o que se lles ocorra con motivos propios destas datas tan sinaladas e entre todos promoveremos e difundiremos o espírito destas fechas nun dos municipios, candidato a integrarse ...