Engalanemos as rúas da Paula
O Concello de Mondoñedo pon en marcha o concurso de adornos de Nadal ‘Engalanemos as rúas da Paula’
Mondoñedo,
18 de novembro de 2017.- O Concello de Mondoñedo invita a todos os
veciños a adornar o exterior das súas vivendas ou zonas públicas
durante o Nadal. Con esta finalidade, vén de anunciar que dende o
Goberno local se porá en marcha o concurso de adornos de Nadal
‘Engalanemos as rúas da Paula’.
O
edil de Educación, Alberto García, explica que a través desta
iniciativa o Goberno local promove a participación activa dos
veciños para “entre todos acadar no noso casco histórico e en
todo o municipio un conxunto propio das datas do Nadal”.
Así,
o concelleiro invita aos mindonienses a que “se sumen a esta
proposta decorando a súas fachadas, portais, balcóns ou o que se
lles ocorra con motivos propios destas datas tan sinaladas e entre
todos promoveremos e difundiremos o espírito destas fechas nun dos
municipios, candidato a integrarse en ‘Pueblos Bonitos de España’”.
Bases
do concurso
As bases do concurso regulan que poderá participar calquera veciño do municipio, establecéndose dúas modalidades, a individual e a colectiva. Na primeira, intégranse todos os particulares de vivendas que adornen a súa fachada, balcóns, portal e mesmo baixantes de auga, entre outros ámbitos; mentres que a modalidade colectiva comprende ás comunidades de veciños, barrios, rúas ou prazas que decoren, por exemplo, árbores, fachadas, farois ou parques.

xurado que elixirá os gañadores estará composto por un
representante da Oficina Municipal de Rehabilitación do Casco
Antigo, outro da Oficina Municipal de Turismo, así como un membro da
Mancomunidade de Turismo e outro da Xunta de Galicia; ao igual que
tamén o integrará un participante dunha asociación elixido por
sorteo.
Entre
os aspectos a valorar polo xurado atópanse as composicións e
deseños acordes co Nadal e respectuosas co entorno; a iluminación
variada e tamén respectuosa co entorno; a orixinalidade e a
introdución de elementos tradicionais do Nadal. Ademais, recoméndase
a colocación de guirnaldas con tonalidades verdes, vermellas, con
dourados e prateados e a zona elixida polos participantes para ser
decorada terá que ser visible dende a vía pública para poder
valorarse.
Premios
O concurso repartirá dous premios na modalidade individual, un primeiro de 60 euros e un segundo de 40 euros; ao igual que na modalidade colectiva, na que se repartirán tamén 60 euros entre os participantes que acaden o primeiro premio e 40 euros entre os segundos clasificados. Ademais, Alberto García tamén explica que haberá un premio especial, o coñecido como ‘Mellor árbore de Nadal’, para a zona rural, cuxo gañador recibirá 50 euros.

Inscricións
Os que desexen participar poderán inscribirse a través do enderezo electrónico decoramondonedo@gmail.com ou no Portelo da Casa do Concello (primeiro andar). Nos dous casos haberá que indicar o nome e apelidos, o enderezo e un teléfono de contacto.

período para anotarse abrirá o 27 de novembro e prolongarase ata o
23 de decembro. En canto á duración do concurso, este prolongarase
dende o mesmo momento en que a persoa ou grupo de persoas decidan
anotarse, pero nunca máis tarde do 22 de decembro e ata o día 6 de
xaneiro de 2018.
De “Cronica 3.com”
Comentarios
Publicar un comentario